ACTUALIDADE

  • Recital

    Luis Eduardo Aute ofrecerá un recital de poesía no Museo

    Enmárcase no proxecto Pontevedra, imán de palabras que traerá á cidade a outros recoñecidos poetas de todo o país


    Exposición

    Inaugurada no Museo a exposición Materialeza de Darío Basso

    Desde o pasado martes, día 14 de febreiro, está aberta no Sexto Edificio, a macro exposición titulada Materialeza 1999-2011, que reúne máis de cincuenta obras de gran formato do artista Darío Basso, complementadas con trece cadernos de campo con acuarelas, exposición que foi exhibida dende o pasado 28 de setembro no Centre del Carme de Valencia.


    coñeces o teu?

    Embarcacións doutros tempos

    Dende hai uns dezaoito anos, estamos a ver con satisfacción como diferentes asociacións foron recuperando e facendo réplicas de vellas embarcacións tradicionais, como dornas, gamelas, lanchas de relinga, botes polbeiros e xeiteiros, bucetas, galeóns, pataches…


  • Novo horario da biblioteca e arquivos

    Con motivo da realización de tarefas técnicas imprescindibles para unha melloría dos servizos, o horario de apertura da biblioteca e arquivos do Organismo Autónomo Local Museo Provincial de Pontevedra verase reducido, pasando a ser de luns a venres de 9:00 a 12:00 h. Esta redución entra en vigor desde o martes día 7 de febreiro de 2012 e manterase indefinidamente ata novo aviso.


    coñeces o teu ?

    A Perla Peregrina e o Retrato de Dona Margarita de Austria

    O pasado 14 de decembro foi vendida polo “módico” prezo de 9 millóns de euros a Perla Peregrina, acadando o máximo chegado a pagar ata o de agora por unha perla dentro das poxas de xoias, quizais debido non só ao seu valor material (tamaño, forma e cor pouco comúns) senón, e principalmente, pola súa historia, polo seu pasado lendario ligado á realeza española. Pertenceu ao coñecido como “Rico Xoiel dos Austrias” das xoias da coroa española, aparecendo en famosos retratos áulicos durante tres séculos. Foi tamén primeira protagonista de amores e desamores dentro do mundo rosa da “sétima arte” no século XX con Elizabeth Taylor e Richard Burton, circunstancias todas elas que fan desta xoia unha lenda viva.


    edificio sarmiento

    O Edificio Sarmiento recibiu 10.000 visitantes durante as xornadas de portas abertas

    A grande afluencia de visitantes nas xornadas de portas abertas organizadas pola Deputación de Pontevedra deixa patente o interese dos veciños da cidade, da provincia e dos turistas por coñeceren o resultado da remodelación deste emblemático edificio.

Deputación de Pontevedra Museo de Pontevedra