Rueiro de Pontevedra (©Google Maps. ©Google, Inc.)

Cómo chegar por carretera

A autoestrada do Atlántico (AP-9/ E-1), é a principal vía de comunicación da Comunidade Autónoma de Galicia, xa que atravesa todo o seu territorio desde A Coruña ata Vigo, pasando, naturalmente, pola cidade de Pontevedra.

Outras importantes vías de comunicación para a nosa urbe son a autovía das Rías Baixas (A-6) e a do Noroeste (A-52). A primeira enlaza no Porriño coa autoestrada do norte de Portugal que pasa polas cidades de Tui, Braga, Porto, ata enlazar con Lisboa. Por outra banda, a autovía do Noroeste conecta coa cidade de Madrid, con Barcelona (en Irún) e co resto da meseta.

Ademais destas tres vías, a rede estatal de estradas comunica Pontevedra coa súa comarca, así coma con todas as capitais de Galicia. Existen tres posibilidades: a N-550 que une A Coruña co Porriño; a N-541, que é a principal vía cara ao interior pasando por Ourense e a estrada C-550 que percorre toda a costa, desde Fisterra ata Tui.

Distancias

  • Dende A Coruña (130 km) e Santiago (58 km)
    Pola A-9 ou pola N-550
  • Dende Vigo (27 km)
    A-9 ou N-552 ate Redondela e, dende aló, pola N-550.
  • Dende Tui (49 km)
    N-550 directamente ou A-55 ate O Porriño e, dende aló, pola N-550.
  • Dende Lugo (136 km)
    N-640 ate Lalín, onde se colle a PO-200 ate que enlaza coa N-541, estrada que leva a Pontevedra.
  • Dende Ourense (90 km)
    Pola N-541

Centro de información da Dirección Xeral de Tráfico
Tel. 900 123 505
www.dgt.es

Xefatura Provincial de Tráfico
Rúa de Joaquín Costa, 54
Tel. 986 851 597

Estación de autobuses
Rúa da Estación, s/n
Tel. 986 852 408

Autopistas del Atlántico
www.audasa.es

Cómo chegar en ferrocarril

Estación RENFE. Pontevedra: Conexión regular con Vigo, Vilagarcía de Arousa, Santiago de Compostela, A Coruña, Ourense, Madrid, Albacete, Ávila, Alicante e Zamora

A rede de trens rexionais cobre a totalidade do territorio nacional desde Pontevedra. De feito, existen conexións diarias por tren con Madrid e Barcelona, así como múltiples combinacións con outras cidades da Península e con Portugal.

Na Comunidade Autónoma, conexión regular con Vigo, Vilagarcía de Arousa, Santiago de Compostela, A Coruña, Ourense.

Estación de ferrocarril - RENFE
Rúa da Estación, s/n
Tel. 986 851 313
Información telefónica e reserva de billetes: 902 240 202
Información internacional: 934 901 122
www.renfe.es

Cómo chegar por aire

Os aeroportos de Peinador en Vigo e Lavacolla en Santiago de Compostela encóntranse a tan só 30 e 45 minutos de Pontevedra respectivamente pola autoestrada do Atlántico (AP-9), ambos os dous con conexións diarias con Madrid e, en días alternos, con outras cidades de España e de Europa, como Londres, París, Xenebra e Frankfort.

Aeroporto de Peinador
Avenida do Aeroporto, s/n
Vigo
Tel. 986 268 200
www.aena.es

Aeroporto de Lavacolla
Estrada Santiago-Lugo km. 11. Lavacolla, s/n
Santiago de Compostela
Tel. 981 547 500
www.aena.es

Compañías aéreas:

Deputación de Pontevedra Museo de Pontevedra